top of page
Facultad-Filologia-02.jpg

Conferencias plenarias

Durante o congreso celebraranse dúas conferencias plenarias que xa foron confirmadas polos seus relatores:

Pilar García Mouton

Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), España

É profesora especialista en xeolingüística e dialectoloxía española vinculada ad honorem ao Instituto de Lingua, Literatura e Antropoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas. Doutorouse en Filoloxía Románica pola Universidad Complutense de Madrid, onde exerceu como Profesora Titular de Lingua Española. Desde o 2015 é, ademais, membro correspondente da Real Academia Española e en 2019 foi galardoada co Premio de Investigación “Julián Marías” da Comunidad de Madrid na área de Humanidades. Formou parte de importantes proxectos xeolingüísticos do español (o Atlas Lingüístico de Hispanoamérica e o Atlas Lingüístico de Castilla y León (ALCyL)), coordina a nova edición do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) e codirixe o Atlas Dialectal de Madrid (ADIM) e o Atlas Lingüístico y etnográfico de Castilla-La Mancha (ALeCMan), así como os doutras linguas europeas (o Atlas Linguistique Roman (ALiR), o Atlas Linguarum Europae (ALE) e o Atlante Linguistico del Mediterraneo).

Matteo Rivoira

Università degli Studi di Torino, Italia

É Catedrático de Lingüística Italiana no Departamento de Estudos Humanísticos da Universidade de Turín, onde ensina dialectoloxía románica e italiana. É director do Atlante Linguistico Italiano (ALI), unha empresa dialectolóxica iniciada en 1924 nesta universidade. Entre os seus principais intereses de investigación atópanse os dialectos —estudados desde diferentes perspectivas—, a toponimia da tradición oral e as minorías lingüísticas, con especial atención ao occitano cisalpino e ás xergas históricas. É IP do proxecto PRIN DigitAlia. Dixitalización de Atlas Lingüísticos Italianos (Convocatoria de 2022).

rivoira.jpeg
logo_SEFR.png
Este congreso conta co respaldo de:

I Congreso Internacional de Xeolingüística Románica

bottom of page