Envío de resumos

As propostas de comunicación deben tratar cuestións relacionadas coa xeografía lingüística de calquera das variedades faladas no continuo romance. Aínda que non se trata dunha listaxe pechada, propóñense como posibles as seguintes liñas temáticas:
-
corpus e atlas lingüísticos,
-
atlas e dicionarios,
-
proxectos de xeografía lingüística,
-
xeografía lingüística dixital,
-
estudos léxicos, fonéticos, morfolóxicos, sintácticos, semánticos e fraseolóxicos dos atlas lingüísticos.
As comunicacións orais terán unha duración máxima de vinte minutos, con dez minutos adicionais para comentarios e preguntas. Os resumos, redactados en calquera lingua románica, deben enviarse en formato pdf antes do día 15 de febreiro de 2026 á seguinte dirección de correo electrónico: geo.rom@usal.es. Entenderase que a lingua do resumo será tamén a lingua de intervención. No caso de variedades minoritarias aconséllase tamén acompañar unha versión do resumo en español, francés, italiano, portugués ou romanés.
Os resumos deben ser anónimos e non exceder as 400 palabras (excluídas as referencias bibliográficas) e deben enviarse nesta folla modelo (non se admitirán resumos noutro formato). Cada proposta será avaliada de forma anónima polos membros do comité científico. Os autores recibirán unha mensaxe na que se notificará a aceptación ou o rexeitamento da proposta antes do día 27 de marzo de 2026. No caso de aceptación, esta mensaxe proporcionará tamén as instrucións para a inscrición no simposio.
_edited.png)