
Información útil


Como chegar
Dende o Aeroporto "Adolfo Suárez Madrid-Barajas":
-
En tren: os horarios poden consultarse na páxina web de Renfe. Os trens con destino Salamanca saen das estacións de Madrid-Príncipe Pío e Madrid-Chamartín-Clara Campoamor, ás que se pode chegar comodamente en metro dende o aeroporto.
-
En autobús: os horarios poden consultarse na páxina web da compañía Monbus. Hai saídas tanto dende o mesmo aeroporto (T1 ou T4) como dende a estación de autobuses subterránea de Moncloa, tamén esta última ben conectada en metro co aeroporto.
Información práctica: aconséllase a quen viaxen desde as estacións ferroviarias de Chamartín e de Príncipe Pío ou desde a estación de autobuses de Moncloa que deixen transcorrer polo menos unha hora e media entre a hora de chegada do voo e a de saída do tren/autobús. A compra dos billetes con antelación suficiente é moi recomendable.
Onde aloxarse
Propoñémoslles unha listaxe non exhaustiva de aloxamentos nas inmediacións da Facultade de Filoloxía. Os prezos aproximados por noite están, naturalmente, suxeitos a variación e corresponden ao uso individual dunha habitación en réxime de aloxamento e almorzo.


_edited.png)












