I Congreso Internacional de Xeolingüística Románica
Salamanca, 14, 15 e 16 de outubro de 2026

Presentación
A xeografía lingüística é un método de investigación dialectal que florece a finais do século XIX co fin de servir de apoio para comprobar as hipóteses sobre a evolución do cambio lingüístico a partir da representación da lingua en mapas. Dende o seu xurdimento son moitos os cambios acontecidos na investigación da variación lingüística e na elaboración dos atlas lingüísticos. Os máis notables producíronse nas últimas décadas grazas á aplicación das novas tecnoloxías e á compilación e tratamento de información lingüística e tamén ao proceso de representación cartográfica dos datos. Estas modificacións conduciron a unha renovación do método, así como un interese crecente por dixitalizar os primeiros atlas publicados e ao xurdimento de novos proxectos xeolingüísticos orientados a este fin.
De acordo con isto, o I Congreso Internacional de Xeolingüística Románica ten como obxectivo principal o reunir investigadores expertos, investigadores noveles, estudantes e interesados na xeografía lingüística das variedades románicas. Máis especificamente, preséntase como un foro de dous días que acollerá contribucións sobre temas de orientación xeolingüística e, ocasionalmente, dialectal, tanto de corte sincrónico coma diacrónico, que teñan como obxecto de estudo algunha das linguas ou dialectos falados no conxunto da Romania.
Para máis información acerca das liñas temáticas do evento, véxase a pestana: “Envío de resumos”.
_edited.png)